Tuesday 30 de April de 2024

A Casa das Palmeiras inaugura unha exposición que permite realizar un percorrido pola historia do tranvía Ferrol-Neda a través dos debuxos de Julio Ferrín


O acto terá lugar este venres 1 de abril a partir das 19,30 horas

Veciños e veciñas poderán realizar un percorrido pola historia do tranvía entre Ferrol e Neda a través dos debuxos a cor de Julio Ferrín.

Este venres 1 de abril inaugura exposición na Casa das Palmeiras, nun acto que presidirá o alcalde, Ángel Alvariño, ás 19,30 horas, con entrada libre ata completar aforo. A partir de entón, poderá visitarse en horario de 11 a 14 horas (de luns a venres) ata o 15 de abril.

26 cadros integran a mostra, na que o autor invertiu 3 anos de traballo recopilando fotografías da época que, a posteriori, serviron como base para os seus debuxos.

Estes nacen da nostalxia dun medio de transporte que, subliña Ferrín, nunca debeu perderse. E agora o artista busca recuperalo a través das súas láminas, con imaxes que amosan o percorrido entre o ano 1924, cando bota a andar a primeira liña, e 1961, data da súa última viaxe.